Os principais organismos causantes de proliferacións tóxicas que afectan ao ser humano nas rías galegas son:
Especie: Dinophysis spp.
Son as causantes de presenza de toxina diarreica nas rías galegas.
Responsables dos maiores peches para a explotación de marisco. En Galicia, a presenza de Dinophysis non chega a producir mareas vermellas; aínda que a coloración das súas células é tipicamente avermellada.
Especie: Gymnodinium catenatum
Cor: Marrón avermellada
Causante de intoxicacións de tipo paralizante (PSP).
A súa presenza non adoita ser abundante nas rías galegas, pero foi responsable de proliferacións tóxicas principalmente nos anos 70’ e 80’.
Especie: Alexandrium spp.
Causante de intoxicacións de tipo paralizante (PSP).
Neste xénero existe un complexo de especies tóxicas e non tóxicas. En Galicia a principal responsable de proliferacións tóxicas é Alexandrium minutum, xeralmente nas Rías Altas (Ares-Betanzos).
Especie: Pseudonitzschia australis
Causa de intoxicacións de tipo amnésico.
Causa de intoxicacións de tipo amnésico (ASP). Forma parte dun complexo de especies tóxicas e non tóxicas. En Galicia é a única diatomea identificada como produtora de ácido domoico, unha potente neurotoxina. De cor pardo-verdosa. As súas proliferacións, aínda que poden ser moi abundantes, non forman manchas distinguibles como mareas vermellas.