Marea Vermella en Cabo Estai

O martes pola tarde recibiamos o aviso do avistamento dunha gran mancha alaranxada nas proximidades das illas Cíes . A mancha, ademais de estenderse por superficie máis de 300 metros, tamén formaba unha grosa capa na columna de auga de aproximadamente 10 metros de profundidade. Debido ás condicións oceanográficas, a mancha foise desprazando dentro da ría e onte pola tarde observamos unha marea vermella na zona de Cabo Estai (Canido), diante do IEO de Vigo. A identificación do organismo responsable fíxose a primeira ollada e tamén mediante microscopía óptica e resultou ser Noctiluca scintillans, microalga produtora de bioluminiscencia e responsable da ardora.

