Noctiluca scintillans (Bouzas, Vigo). Autor: F. Rodríguez (IEO Vigo)

Marea vermella de Noctiluca scintillans en Bouzas

A primeira hora de hoxe, 29 de agosto de 2018, déronnos aviso ao centro oceanográfico de Vigo dunha marea vermella na praia de O Adro, en Bouzas (Vigo). Tratábase de Noctiluca scintillans, un dinoflaxelado heterótrofo que adoita formar mareas vermellas nas nosas costas durante esta época do ano. As fotos foron tomadas entre 9:30-9:45 da mañán, a metade de carreira na baixada de marea. Nesta ligazón poden ver un vídeo do aspecto baixo da superficie desta marea vermella. Como poden observar nel, as células estaban concentradas nunha fina lámina superficial. As contaxes celulares ao microscopio nunha das manchas máis intensas acadou 7.700 células/mL. Os valores de salinidade nesa mostra superficial eran moi baixos, entre 12-15.